CINEMATOGRAPHER

Sobre min

Alberte Branco (a.e.c.) leva 10 anos de traxectoria como director de fotografía. O seu traballo, versátil e con personalidade, caracterízase por fusionarse co proxecto que teña entre mans e loitar ata levar a ollada do director ou directora á pantalla. Consegue este obxectivo coas ferramentas que domina: o encadre, o movemento, o espazo, o tempo, a luz e as texturas. Todos estes elementos fusiónanse na arte da Cinematografía, un oficio que ama con paixón, defende e pon en valor en cada traballo que fai. Consciente da importancia do cinema como arte e como fiestra que chega á sociedade, gústalle experimentar usando a imaxinación e o risco para ben do proxecto no que está mergullado. Amante da artes, das viaxes, da gastronomía, do bo viño e da cultura en xeral, nunca deixa de aprender e mantense en constante estudo das novidades no mundo da cinematografía. Ademais de en Galiza, Alberte Branco ten traballado en Portugal, Catalunya, España e Inglaterra. A súa experiencia fai que lle sexa doado adaptarse a calquera situación de rodaxe, e esta é outra das grandes virtudes do seu traballo.

Filmografía